← Volver atrás

López Guerreiro, Ramona

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co guerrilleiro antifranquista Benigno Fraga Pita, Alejandro; tiñan un fillo e unha filla: José-Conrado e Ana. Veciños da rúa Estrada de Castela, 197, 1º, en Ferrol (A Coruña).

O seu home traballou de mestre armeiro nos arsenais de Ferrol; era comunista e deportárono de Cuba na ditadura de Gerardo Machado Morales.

Encarcerada.

Benigno morreu nun enfrontamento coas forzas represoras en Santa María de Candedo, Chandrexa de Queixa (Ourense), o día 28/04/1949.

Morto o seu home, Ramona seguiu a colaborar cos homes da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro e Galicia (EGG) e detivérona.

Xulgada en consello de guerra en Ferrol polo delito de auxilio a bandas armadas, na causa 158/51, co resultado de condena a prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha