Nacemento:
Morte:
Mestra, galeguista e sufraxista, 50 anos. Trasladouse á Coruña coa súa nai, viúva e de orixe francés, sendo pequena. Na súa casa falábase galego. Amparo foi a primeira muller bacharel da Coruña e logo estudou Maxisterio. Conviviu, sen casar (un escándalo na época), co escritor, xornalista e político republicano, César Alvajar Diéguez; casáronse cando comezaron a ter fillos (cinco fillos, aínda que Agustín, o pequeno, morreu de bebé): María del Amparo, Ana-María, Javier e María-Teresa.
Entre 1933 e 1936 tivo un papel destacado na Agrupación Republicana Feminina da Coruña, da que sería secretaria e logo presidenta. En 1935 uniuse ao Partido Galeguista (PG). Co triunfo da Fronte Popular (FP), ao seu home nomeárono gobernador civil de Soria, onde se trasladou a familia coas dúas fillas pequenas en xuño de 1936.
Exiliada. Encarcerada.
Cando se produce o golpe dos militares, a guerra civil pilla aos seus fillos maiores na Coruña: Ana-María (nada en 1918) e Javier (nado en 1920); a Javier recrutouno o exército rebelde. A familia desfíxose e nunca máis se volveron reunir todos xuntos.
Diante da presión das tropas rebeldes trasladáronse a Madrid, onde pasaron moita fame. Logo a Valencia, onde Amparo deu clases en Manises. Para escapar das tropas franquistas viaxaron a Barcelona, onde colaborou cos comités de axuda aos soldados galegos na fronte de batalla.
Ao remate da guerra civil pasaron a Francia e a Amparo confinárona no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Cando o seu home conseguiu rescatala do dito campo, pasaron a Normandía, onde traballaron nunha fábrica de toallas.
A chegada dos nazis alemáns levounos a Montauban e Amparo (segundo a testemuña da súa filla Teresa) morreu de morriña; padecía de depresión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.