Nacemento:
Morte:
Escultor, comerciante e político, 59 anos. No ano 1900 casou con Concepción Garabal Sánchez (+1928); tiveron dúas fillas e dous fillos: Mercedes, Santiago, Manuel e Concepción. Veciños de Santiago de Compostela. Figura da artesanía compostelá e escultor na súa xuventude. Adicouse ao comercio.
Presidente do Centro Republicano compostelá durante a monarquía e concelleiro desde 1911. Elixido concelleiro de Santiago de Compostela e nomeado alcalde nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR). Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), en xullo de 1932 convocou unha asemblea de municipios de toda Galicia para a elaboración do proxecto de Estatuto de Galicia. Novamente concelleiro e alcalde na corporación de 1932 polo Partido Republicano Galego (PRG); cesado en novembro de 1934. Un dos fundadores do Partido Republicano Nacional (PNR), do que acadaría a presidencia do Comité Local de Santiago de Compostela en maio de 1935 e tamén sería concelleiro por ese partido. Nas eleccións de febreiro de 1936 concorreu como candidato na Candidatura Republicana de Centro e Coalición, que encabezaba Manuel Iglesias Corral, pero non acadou acta.
Sancionado. Exiliado.
Sancionado polos franquistas con multas e desterrado.
Marchou para o exilio e estivo tres anos en Cuba.
Regresou a Santiago de Compostela en xullo de 1939 e o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno a seis anos de inhabilitación absoluta e 25.000 pesetas de multa o 08/02/1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.