← Volver atrás

López Rama, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Santa María de Mezonzo, Vilasantar
(A Coruña)
- 28/08/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 21/12/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 29 anos. Casado con Ángeles Diego González. Veciños da rúa Santa Lucía, 16, en Xixón (Principado de Asturias), cidade á que se trasladaron en febreiro de 1936.

Militante da CNT en Xixón.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Participou de xeito activo na defensa da II República. Coa caída da Fronte Norte pasou a Cataluña, onde loitou nas forzas republicanas. En decembro de 1937 era Cabo do Corpo de Carabineiros.

Pasou a Francia despois da fin da guerra civil e internárono no campo de refuxiados españois de Saint-Cyprien e no de Le Barcarès; en abril de 1939 ingresou na 39ª Compañía de Traballadores Estranxeiros, onde permanece cando comeza a II Guerra Mundial.

Prendérono os nazis alemáns en outubro de 1940 e internárono no fronstalag no 142 en Besançon (Borgoña, Francia). Trasladárono a Altengrabow stalag XI-A (Alta Saxonia, Alemaña), onde o internan o día 10/01/1941. Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), no que ingresa o 26/04/1941. Enviárono ao sub-campo de Gusen o 20/10/1941 e alí rexístrase a súa morte dous meses despois.

Nalgunhas fontes o segundo apelido figura como Ramón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha