Nacemento:
Morte:
Médico e político, 27 anos. Casou o día 21/12/1938 na Coruña con Dorotea Lastres García, de Cee (A Coruña); tiveron unha filla e un fillo: María-Luisa e Manuel-Antonio (morto de neno). Veciños de Santiago de Compostela. Licenciado en Medicina en 1932 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Pertenceu á Federación Universitaria Escolar (FUE). Pero converteuse nun falanxista significado desde 1934, nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse como candidato por Falanxe Española (FE) pola provincia da Coruña ao Congreso, con malos resultados (só 3191 votos).
Prendérono varios meses cando ao seu partido o declararon ilegal e liberárono os golpistas.
Colaboracionista.
Despois do golpe de Estado entrou na xunta xestora de Santiago de Compostela nun posto equivalente ao de concelleiro. En febreiro de 1937 marchou voluntario á fronte coa II Bandeira da Coruña e ferírono en xullo. Tamén o feriron no monte Archanda, na toma do Cinto de Ferro de Bilbao (Biscaia), acción pola que o condecoraron; rematou co grao de tenente médico.
O día 30/06/1938 nomeárono subxefe provincial de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) e o día 16/01/1939 acadou a xefatura. No ano 1939 tamén era xefe provincial do Movimiento.
En 1955 era membro do Consello Nacional do dito Movimiento pola Coruña, deputado provincial e procurador nas Cortes franquistas de 1955 a 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.