← Volver atrás

López Vázquez, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Pedro de Carnota, Carnota
(A Coruña)
- 18/08/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Campiño, San Mamede de Carnota, Carnota
- 24/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 43 anos. Solteiro. Veciño de Vilar de Parada, San Mamede de Carnota. Mestre interino en 1922 da escola de nenos de Brión (A Coruña). Mestre nacional de Vilar de Parada.

Membro da Sociedade Labrega Unión de Carnota.

Colaborou con El Eco e Santiago e con El Compostelano.

Executado.

Detido polos falanxistas en marzo de 1937 e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa, que Pedro López empregaba para dar escola na paraxe de Campiño, en Vilar de Parada.

A súa tortura durou máis dun día. Queimáronlle os dedos das mans, máis tarde, virárono e sometérono a toda clase de agresións. Morreu no mesmo lugar onde o torturaron.

Ao falecer os propios asasinos botáronlle, por debaixo da porta, unha carta aos seus pais (na actual Casa de Virginia) para que se fixeran cargo do seu cadáver e déronlles instrucións do que debían facer.

Aparece inscrito no libro de defuncións como morto a consecuencia de “diligencias practicadas” (suponse que pola autoridade militar). O certificado de defunción indica que a causa da súa morte “no domicilio paterno” foi por mor dun “colapso” segundo a autopsia practicada.

Os franquistas separárono do servizo e dérono de baixa no seu posto de mestre en xullo de 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha