Nacemento:
Morte:
Militar e escritor, 18 anos.
Exiliado. Encarcerado.
Chamado a filas polos sublevados con demora, en 1937, por non estar inscrito no Rexistro Civil, desertou e pasouse ao bando republicano o día 08/02/1938 en Valmadrid (Zaragoza), mentres se desenvolvía a batalla de Teruel. Combateu nas frontes de Madrid e do Ebro na 149ª Brigada Mixta, 16ª División do XII Corpo de Exército do Exército do Este. Ingresou na Escola Popular de Guerra de Barcelona e acada o grao de tenente de metralladoras. Nesta época afiliouse ao PCE.
É dos últimos soldados republicanos que pasa a Francia ao remate da guerra civil, encargándose de voar as pontes de Olot (Xirona), co grao de capitán accidental.
Internárono nos campos de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), do que consegue fuxir. Préndeno en Perpiñán (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e ingrésano en Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), trasládano ao campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia) e alístase nun batallón de traballo ao estourar a II Guerra Mundial, traballando na Liña Maginot.
Despois incorporouse ao maquis, co grao de comandante das forzas de interior e loitou contra os nazis como membro da Agrupación de Guerrilleiros Españois.
O 17/10/1944 participou na fracasada Invasión do Val de Arán con 4000 compañeiros. Logo formou parte do primeiro comando do PCE que entrou no Principado de Asturias en setembro de 1945 para converter aos fuxidos en unidades guerrilleiras.
Capturado polos franquistas en outubro de 1945 en Campiello, Bustiello de la Cabuerna, Tineo (Principado de Asturias).
Xulgado en consello de guerra en Oviedo (Principado de Asturias) co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Despois de dous anos na prisión de Oviedo, ingresárono na Prisión Central de Burgos, onde desperta o seu interese pola literatura e escribe tres novelas, contos, relatos e poemas. Enfermou na cadea e enviárono ao Castelo de Cuéllar, que se habilitara como sanatorio antituberculoso.
Puxérono en liberdade provisional no ano 1959, regresa a Alemparte e casa. No ano 1961, na vista das presións fascistas que sofren en Alemparte, a familia trasladouse á Coruña e montaron un bar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.