Nacemento:
Morte:
Avogado, funcionario, escritor e político, 27 anos. Casado. Veciño de Escairón. Licenciado en Dereito no ano 1928. Entre os anos 1931 e 1936 exerce a avogacía. Oficial 1º do Concello do Saviñao. Coordinador da administración local no Val de Lemos.
Foi un dos organizadores da Federación Universitaria de Estudantes (FUE). Secretario do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) do Saviñao no ano 1936.
Colaborou en Alborada e no xornal Heraldo de Galicia de Ourense.
Encarcerado.
Prendérono os golpistas a primeiros de agosto de 1936 e o seguinte día 31 internárono na cadea de Monforte de Lemos (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 983/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto a disposición da autoridade gobernativa segundo resolución do día 01/12/1936.
Procesado co seu veciño Manuel Losada Ferreiro, quen recibiu a mesma sentenza.
Deixárono en liberdade o día 14/02/1938.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 415/38 polo delito de auxilio á rebelión e rebelión. Neste proceso acumuláronse varias causas.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 18/06/1939, puxérono en liberdade o día 10/08/1939.
No ano 1939 condenárono á pena de confinamento en Palas de Rei (Lugo), onde residiría ata a súa morte.
Nos anos sesenta militou no Partido Socialista Galego (PSG). Membro do Consello de Cultura e vogal da Comisión de Toponimia de Galicia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.