← Volver atrás

Losada Seoane, Daniel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Carballo, San Salvador do Hospital, Quiroga
(Lugo)

Morte:

El Dueso, Santoña
(Cantabria)
- 25/11/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño de Pasaia (Guipúscoa). Daniel e os seus irmáns Antonio, Jaime, Javier e José emigraron coa súa familia a Pasaia.

Militante da CNT.

Encarcerado. Executado.

Cos seus irmáns participou na defensa de Donostia (Guipúscoa) fronte aos requetés navarros e, cando caeu esta cidade, pasaron a Bilbao. Estivo no 27º Batallón Castilla das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), como capitán da 3ª Compañía, destacou pola súa valentía en combate e pasou por varios campos de batalla do País Vasco.

En xuño de 1937 o seu batallón pasou a Cantabria, onde o detiveron e recluíron no penal de El Dueso en agosto dese ano; ingresárono na cadea cunha ferida nun brazo, que se gangrenaría.

Xulgado o día 24/11/1937 en consello de guerra sumarísimo por berrar na cadea “¡Viva la República, Gora Euskadi Azkatuta!” co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono diante do resto dos presos na prisión de El Dueso o día 25/11/1937.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha