← Volver atrás

Magdalena García, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Gándara, San Salvador de Lérez, Pontevedra
(Pontevedra)
- 10/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 36 anos. Casado con Dolores Castro Ruibal. Veciños de San Vicente de Cerponzóns, Pontevedra (Pontevedra). Irmán de Ángel Magdalena García, Severino Magdalena García e Mercedes Magdalena García, exiliados. Membro da comisión inspectora da cooperativa de consumo Nueva Economía.

Liderou o movemento agrario e foi presidente da Sociedade de Labregos de Cerponzóns. Contador e, no ano 1931, presidente da Federación Labrega Comarcal de Pontevedra.

Paseado.

Despois do golpe militar, ao decatarse de que o buscaban os golpistas, o día 07/08/1936 presentouse no Cuartel da Garda Civil. Prendérono, ingresárono na cadea e puxérono a disposición do xuíz instrutor.

Paseárono e apareceu morto e salvaxemente torturado no lugar da Gándara. Semella que o mataron a machadas, cortáronlle os brazos e o membro viril, que lle meteron na boca.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor de hemorraxia cerebral.

O seu cadáver apareceu entre unhas silvas na Gándara.

Á súa familia perseguírona os franquistas e moitos familiares marcharon para á República Arxentina. A súa irmá Josefina, taberneira, soportou o acoso e as requisas dos gardas cívicos e dos falanxistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha