← Volver atrás

Mariño Pereira, Sabino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Depurado

Nacemento:

Forcarei
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Locaia de Perillo, Oleiros
(A Coruña)
- 19/11/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 34 anos. Casou con María Bobillo González; tiveron dúas fillas e un fillo: Consuelo, José-Manuel e María del Carmen. Veciños de Forcarei, onde exerceu a avogacía. Delegado provincial interino de Traballo na Coruña desde xullo de 1934, cesado en xaneiro de 1935.

Membro da Sociedade Obreira de Oficios Varios La Polar. Alcalde de Forcarei no ano 1931, cesárono en 1934.

Próximo aos liberais demócratas foi apoderado das dereitas nas eleccións de febreiro de 1936.

Procesado. Depurado.

Despois do golpe militar nomeárono alcalde os sublevados a finais de xullo de 1936. En marzo de 1937 denunciárono por facilitar documentación a persoas das esquerdas que querían emigrar a América.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra no ano 1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 577/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e multa de 1000 pesetas; ademaís cesárono como alcalde.

Procesárono en 1940 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941. Xa estaba afiliado á Falanxe.

Nos anos sesenta foi xuíz comarcal de Forcarei.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha