← Volver atrás

Mariño Ramos, David

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Portosín, San Sadurniño de Goiáns, Porto do Son
(A Coruña)
- 05/12/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 36 anos. Casado. Veciños de Portosín. Emigrado en Estados Unidos, achábase en Filadelfia no ano 1925 e retornou cara 1928. Defendeu a pesca do xeito e loitou contra dos empresarios que empregaban dinamita nas labores de captura do peixe.

Presidente da CNT en Portosín e presidente do Sindicato de Pescadores e Oficios Varios.

Executado.

Participou na requisa de armas para defenderse dos golpistas. Despois do triunfo falanxista mantívose en agochos preto dun ano, delatouno unha persoa “amiga de la casa” e prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 27/07/1937polo delito de rebelión, na causa 94/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a David Mariño Ramos; ditaron auto de sobresemento para Ignacio Freire Lestón; declararon fuxido a José Maneiro Teira. Tamén enxuizaron a Antonio Souto Castro.

Fusilárono os franquistas no cemiterio de Boisaca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha