← Volver atrás

Martínez Arias, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

A Coruña
- 06/09/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo de Hartheim, Alkoven
(Austria)
- 07/09/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Enxeñeiro, 25 anos. Casou no ano 1936 con Carmen Mahou de la Gándara, filla dun dos propietarios de Cervezas Mahou. Veciños da Coruña. Era o maior de seis irmáns.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Estando de viaxe de noivos en Barcelona, sorprendeunos o golpe de Estado; a el mobilizárono os republicanos e a dona permaneceu en Barcelona.

Durante a guerra civil acadou o grao de capitán no exército republicano; loitou en Huesca, Teruel e en Cataluña.

Exiliado en Francia desde Barcelona, internárono no campo de refuxiados de Le Barcarès, onde sabe da morte da súa muller nun dos bombardeos franquistas sobre Barcelona.

No país veciño sorpréndeo a II Guerra Mundial.

Combateu contra a invasión alemá no exército francés, acadando o grao de sarxento do 1º Rexemento de Marcha do Corpo de Voluntarios Estranxeiros.

Preso dos nazis en Wiebelsheim stalag XII-C (Renania-Palatinado, Alemaña). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde ingresa o día 14/05/1941. Trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria) o 07/09/1941. Morte rexistrada ese mesmo día sete en Hartheim, onde o gasearon.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha