Nacemento:
Morte:
Perito mercantil e político, 29 anos. Solteiro. Veciño da rúa Juana de Vega, 60-1º, na Coruña. Agregado á Mariña Mercante e estudante de Dereito. Preparaba oposicións ao Corpo Xeral de Aduanas cando se produce o golpe fascista.
Militante do PSOE e dirixente da Agrupación Socialista Obreira (ASO) desde xuño de 1931, presidente da Agrupación Socialista (AS) coruñesa en 1936. Membro do Sindicato de Oficinas e Oficios Varios da UXT. Delegado pola ASO da Coruña no congreso da Federación Local da UXT de abril de 1936. Presidente das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) desde a súa creación en abril de 1936.
Perseguírono pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Fuxido. Exiliado.
Participou na resistencia ao golpe na cidade herculina e despois do triunfo sedicioso agochouse e así se mantivo durante toda a guerra civil.
Juan figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Desaparecido na Coruña en xullo de 1936, segundo se informa nunha causa militar na que o reclamaron en xuño de 1937.
Ao remate da contenda adicouse na clandestinidade á reorganización do PSOE e a UXT na provincia coruñesa. Tamén pertenceu á Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD) e foi quen de escapar da redada de maio de 1946 que desmantelou a organización clandestina.
Decide marchar a Portugal no que reside desde novembro de 1946.
O día 18/01/1947 embarcou no vapor Mirandela cara Baltimore (EEUU) e pasou a México no mes de febreiro dese mesmo ano; viviu en México DF desde marzo.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.