← Volver atrás

Martínez Lanza, Ignacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Laranga, Santa María de Xuño, Porto do Son
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre, 24 anos. Veciño de Porto do Son. Mestre nacional de Porto do Son.

Encarcerado. Depurado.

O alcalde de Porto do Son fíxolle o encargo de manter a orde pública na localidade cando as forzas da Garda Civil, alí destacadas, acabaron concentradas en Noia (A Coruña).

A Ignacio prendérono e internárono na prisión da Falcona, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 376/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso contra varios veciños de Porto do Son.

Condenaron a cadea perpetua neste procedemento a: Ignacio Martínez Lanza e Francisco Rego Maneiro; penas de 12 anos de cadea para: Manuel Sieira Alvite, Antonio Ventoso Pensado e José Vidal Blanco.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha