← Volver atrás

Martínez Pereira, Jaime

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Gaifar nº 9, San Xoán de Panxón, Nigrán
(Pontevedra)
- 30/04/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 29/12/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 19 anos.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

No ano 1938 chamárono para incorporarse a filas no exército sublevado, sacárono da súa casa, subírono a un camión e mandárono para a fronte de guerra; desertou e pasouse aos republicanos. Ao seu pai, Florencio Martínez López (de 42 anos), detivérono os franquistas por mor da deserción do seu fillo.

Jaime pasou a Francia e rematou preso dos nazis na II Guerra Mundial.

Ingresárono en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). O día 13/12/1940 internárono no campo de exterminio de Mauthausen (Austria) e o día 08/04/1941 no sub-campo de Gusen, onde se rexistra a súa morte por mor dunha pneumonía (versión oficial) e logo incinerárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha