Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 26 anos. Solteiro. Veciño da rúa Caraña de Abaixo, 17, en Betanzos (A Coruña).
Dirixente en 1933 do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, e da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Procesárono por tenencia de explosivos e polo atentado da Terraza de Sada en 1934.
Fuxido. Executado.
Co golpe dos sublevados botouse ao monte en xullo de 1936. Ferido, escondeuse na casa de Lucas Uzal Suárez, en Loureda, Oza dos Ríos (A Coruña).
Arrestárono os fascistas con Lucas Uzal e co pai deste en outubro de 1937 en Loureda; conducíronos á Coruña e xulgáronos xuntos.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 18/12/1937, na causa 1321/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
A Lucas Uzal Suárez castigárono a 12 anos e un día de prisión e ao seu pai puxérono en liberdade despois de confiscarlle o seu patrimonio.
Fusilárono os golpistas ás 07:00 h no Campo da Rata, na Coruña.
Morte rexistrada na Coruña ao ser pasado polas armas.
Fusilado no Campo da Rata con: Justo Galán Barbero, Lisardo Longueira García, Ferranchín, e con Antonio Santos Fernández, o Montuno.
Soterrárono o día 26 de xaneiro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Justo Galán Barbero, Lisardo Longueira García e Antonio Santos Fernández.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.