Nacemento:
Morte:
Empresario, escritor, fotógrafo e político, 36 anos. Casou en 1929 con María de los Ángeles Bolívar Sequeiros. Veciños de Bueu. Da familia dos conserveiros Massó.
Reaccionario conservador. Fascista.
Represor.
Xefe de 2ª liña de Falanxe e un dos principais represores fascistas de Bueu. Empresario vencellado ao terror franquista. Como outros empresarios adicouse a caza contra os que organizaron sindicatos, fixeron folgas e pelexaron polo ben de todos. Depurador da clase traballadora. Na súa fábrica producíronse moitos asasinatos e torturas de persoas que logo se fondeaban no mar.
Alcalde de Bueu desde o día 24/01/1939, cargo no que se mantivo ata o ano 1971. Deputado provincial de Pontevedra.
Apartou ao seu irmán Gaspar (demócrata e galeguista) da máxima responsabilidade na empresa conserveira familiar e converteuse el mesmo no seu xerente. Grazas aos seus contactos co poder político ampliou o seu imperio empresarial.
Coñecido na súa localidade como o Verdugo de Bueu.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.