← Volver atrás

Mateo Dobao, Domingo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

San Clemente de Arnado, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valparaíso
(Chile)
- 06/01/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e labrego, 46 anos. Veciño de San Lourenzo de Arcos, Vilamartín de Valdeorras. Emigrado en Cuba, país do que regresou no ano 1931.

Militante da UXT e do PCE. Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Valdeorras. Candidato pola provincia de Ourense nas eleccións de 1933 pola Fronte Única.

Fuxido. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Cando se produce o golpe militar formou parte das Milicias Galegas e tentou saír con outros 200 valdeorreses cara a zona republicana. Dadas as dificultades, que se debían aos controis franquistas, tiveron que dividirse en tres grupos; Domingo mandaba un deles, ferírono nunha man.

No momento da fuga e diante da imposibilidade de acadar o Principado de Asturias, permaneceron nos montes de León formando unha partida guerrilleira que chegou a acadar as 37 persoas baixo o seu mando.

Finalmente chegaron á fronte asturiana. Tamén combateu na fronte de Aragón.

Ao rematar a guerra civil pasou a Francia, país no que solicita emigrar a México.

Ábreselle o expediente nº 223/41 de responsabilidades políticas en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha