← Volver atrás

Mateos Maroto, Gregorio

Alcume: o Cepo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Novés
(Toledo)
- 17/11/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Illa de San Simón, Redondela
(Pontevedra)
- 05/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e taberneiro, 37 anos. Casado en Nava (Principado de Asturias); tiñan dous fillos. Veciños de Nava. Tiveron unha taberna-casa de comidas, La Cepa Manchega.

Dirixente da Agrupación Socialista (AS) de Nava e membro da UXT.

Preso en outubro de 1934 po mor da folga xeral revolucionaria.

Executado.

Durante a guerra civil combateu na fronte asturiana no bando republicano, destinado no Comité de Guerra e Abastos e exerceu de xuíz municipal no Tribunal Popular de Xustiza.

Despois da caída da fronte asturiana tentou fuxir cara Francia no vapor Gaviota na noite do 20 ao 21 de outubro de 1937. A este pesqueiro interceptouno o cruceiro franquista Almirante Cervera e aos tripulantes conducíronos e desembarcáronos en Ribadeo (Lugo). Despois de cinco días sen comer trasladáronos a Baiona (Pontevedra) e ingresáronos no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en Camposancos en consello de guerra, o día 23/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os franquistas na Illa de San Simón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha