← Volver atrás

Meis Pintos, Otilia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Encarcerada

Nacemento:

Cons, Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 24 anos. Casada con Ramón Estévez, tamén represaliado; tiveron catro fillos e do quinto abortou. Veciños de Cons. O seu pai, Ramón Meis, agrarista e do PSOE, finou asasinado, e ao seu irmán Ramón Meis Pintos, acusárono de comunista, arrestárono con ela o día 07/10/1936 e encarcerárono.

Denigrada. Encarcerada.

Presentouse o día 20/07/1936 para a defensa do Goberno Civil de Pontevedra fronte aos militares rebeldes.

Arrestárona, rapárona e aldraxárona os franquistas.

Detivérona os rebeldes o día 07/10/1936 ás dúas da madrugada e acusárona de ocultar dúas pistolas e municións do fuxido Albino Sánchez Leiro, o Perrita. Permaneceu na cadea ata que a xulgaron.

Xulgada en consello de guerra en Pontevedra co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha