← Volver atrás

Mejuto Iglesias, José-Saturnino

Alcume: Mejuto, Sameig
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Grove
(Pontevedra)
- 17/03/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, xornalista e político, 25 anos. Casou en 1933 con Aurora Medín Viñas; tiñan tres fillos e unha filla: José-Luis, Aurora, Víctor-Manuel e Ricardo. Veciños da Coruña. Oficinista, contable do Banco Español del Río de la Plata, na Coruña.

Militante da UXT e vogal do Sindicato de Banco e Bolsa.

Correspondente na cidade herculina do semanario deportivo Aire de Pontevedra.

Encarcerado.

Prendérono os golpistas no momento do movemento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra o día 23/03/1937 na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 149/37, co resultado de sentenza a 15 anos de reclusión menor.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de tres anos e catro meses de prisión menor.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 17/06/1937. Participou no intento de fuga masiva deste penal do día 22/05/1938, capturárono os requetés en Txaka-Olave (Navarra) o día 23 e reingresárono no cárcere o seguinte 24.

Sae en liberdade condicional o día 09/09/1940.

Nos anos cincuenta instalouse no Grove, onde foi correspondente de varios xornais.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha