Nacemento:
Morte:
Mestre, xornalista e político, 48 anos. No ano 1914 casou con Amparo Cagiao Muíño; tiveron unha filla e tres fillos: Amparo, Fernando, Jaime e Rafael. Veciños da rúa Gregorio Hernández, 113-5º, na Coruña. Era irmán de Antonio Mejuto Vázquez e, depurado, e de Carlos Mejuto Vázquez, fuxido. Acadou o título de mestre na Escola Normal da Coruña no ano 1919. Mestre de Carral, de Santa María de Celas de Peiro e de 1922 a 1931 de San Martiño de Sésamo. En 1933 era mestre da Escola do Asilo Municipal da Coruña. En 1936 era mestre nacional no Hospicio da Coruña, de onde o defenestraron despois do golpe militar.
Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), en 1932 era o director de El Noroeste, xornal que era órgano do partido. Deputado independente en 1933. Presidente do Comité Local da Asociación de Traballadores da Ensinanza. Despois sería dirixente do Partido Radical Demócrata (PRD) e de Unión Republicana (UR). Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936.
Dirixente da Liga Española para la Defensa de los Derechos del Hombre y del Ciudadano. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Socio do Casino Republicano coruñés.
Masón da loxa Pensamiento y Acción nº 11.
Colaborou coa revista Ser.
Encarcerado. Depurado. Exiliado.
Detido polos golpistas durante un breve período de tempo. Logo escondeuse e concedéuselle o pasaporte en setembro de 1936.
Destituído como mestre da escola do Asilo en agosto de 1936. Razóns da destitución: «De ideas avanzadas y actuación revolucionaria. Fue destituido por providencia, sin expediente». Cesado polo gobernador civil a proposta da Delegación militar de Instrucción Pública da provincia da Coruña. (El Ideal Gallego, 21-8-1936).
O día 21/09/1936 embarcou para Cuba.
Volveu á zona republicana e pasou por Madrid, Valencia e Barcelona; en febreiro de 1939 cruzou a fronteira cara Francia.
Regresou a Galicia e permaneceu entobado na súa casa da Coruña máis de sete anos.
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.