Nacemento:
Morte:
Profesor mercantil, 18 anos. Solteiro. Veciño da rúa Varela Silvari, 20-1º, na Coruña. Máis tarde residente na rúa Panadeiras, 28-2º, tamén na Coruña. Estudou profesorado mercantil. Soldado voluntario na Agrupación de Intendencia na Coruña e destacado en Vigo (Pontevedra) como cabo de Intendencia. Era fillo dun capitán de Artillería.
Encarcerado.
Detido en Vigo polos franquistas o día 08/11/1936
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de traizón, na causa 1193/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua por un suposto intento de sublevación no Parque de Intendencia cando só tiña 18 anos.
A pena rebaixáronlla despois a tres anos e catro meses de prisión menor na comisión de exame de penas da Coruña..
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 08/02/1937. Participou no intento de fuga masiva desta prisión o día 22/05/1938 e capturárono os requetés o día 23.
Sae en prisión atenuada o día 31/08/1940 e en liberdade no ano 1941.
Despois de saír do cárcere traballou na Axencia-Xestoría Galicia.
Involucrado desde a clandestinidade na reorganización do PCE na Coruña, que dirixía Alejandro Gama Casalderrey, feito polo que sería encarcerado en 1947, quedando pronto en liberdade ao ser absolto en consello de guerra.
Durante moitos anos controlouno a Policía Armada por comunista perigoso e extremista e sometérono a unha constante vixilancia.
Finalmente, no ano 1958, cansado de tanta presión policial trasladouse a Tenerife.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.