← Volver atrás

Merino Valenzuela, Francisco

Alcume: o Alcalde dos Mantecados
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Pegalajar
(Xaén)
- 19/04/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Illa de San Simón, Redondela
(Pontevedra)
- 14/06/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 61 anos. Casado con Manuela Espinosa (Xaén); tiñan cinco fillas e un fillo: Manuela, Francisca, Dolores, Ana-María, Natalia e José-Antonio. Secretario do Concello de Pegalajar.

Militante da UXT e tenente de alcalde de Pegalajar polo PSOE. Era alcalde accidental en marzo de 1939, cando Xaén caeu nas mans dos rebeldes.

Encarcerado. Morte na cadea.

Prendérono os franquistas o día 13/04/1939 e ingresárono no cárcere de Pegalajar.

Xulgado en consello de guerra en Xaén o día 22/05/1939 polos delitos de rebelión militar, adhesión á rebelión e de ser extremadamente de esquerdas co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O día 22/02/1940 ingresárono no saturado cárcere de Xaén (máis de 4000 internos). En agosto pasou a Burgos, onde o internan o día 19.

Ingresárono o día 04/11/1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se rexistra a súa morte por mor dunha cardiopatía.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha