← Volver atrás

Molíns Carrera, Camilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 21/10/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cartagena
(Murcia)
- 23/07/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 59 anos. Casado; tiveron dez fillos. Veciños de Cartagena. Mariño da Armada; ingresou na Escola Naval Flotante de Ferrol (A Coruña) en 1894 e na que serve máis de 40 anos. Era alférez de navío no ano 1900. Combateu na Guerra de Cuba e na de Marrocos. Ascendeu a contraalmirante o día 31/10/1934.

Executado.

Cando se produce o golpe rebelde era 2º xefe da Base Naval de Cartagena e xefe do Arsenal; nomeárano en 1935 e a base estaba baixo o mando do almirante Francisco Márquez Román. Nesta base propugnábase a unión aos sublevados, Molíns mantívose leal á República e ordenou confinar aos xefes e oficiais partidarios da sublevación.

Os republicanos entraron sen oposición na base e detiveron a Molíns, destituírono e sometérono a consello de guerra por neglixencia, conseguindo a absolución polo apoio da mariñeiría ás súas ordes.

Xa non volveu ter participación an actividades políticas ou militares, refuxiándose na localidade de Los Belones, Cartagena, na casa dos donos do Gran Hotel de Cartagena, coa súa dona e os seus fillos; mantivéronse a base de que traballara de latoeiro e grazas a axuda das amizades.

Xulgado polos franquistas en consello de guerra en Cartagena, o día 07/07/1939, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Esta sentenza revisouna o Alto Tribunal de Xustiza Militar de Valladolid, que o condenou á pena de morte polo delito de rebelión.

Fusilárono os franquistas en Cartagena ao remate da guerra civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha