← Volver atrás

Monteagudo Rodríguez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Carballo
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado e político, 37 anos. Veciño de Carballo. Irmán de Castor Monteagudo Rodríguez, encarcerado.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), nomeárono 1º tenente de alcalde de Carballo en 1931, alcalde de 1932 a 1934 e en 1936. Deputado provincial. Foi o último alcalde de Carballo da II República.

Tiña como compañeiros na Corporación de Carballo de 1936, entre outras persoas, a: Francisco Bolón Moreira, encarcerado; Gaspar Navaza Monteavaro, procesado; Luis Calvo Sanz, procesado; Fernando Camarot Veira, procesado; José Regueira Vila, asasinado.

Encarcerado. Depurado.

Varios veciños desta cidade saíron na defensa da Coruña fronte aos golpistas. O día 20 de xullo as forzas rebeldes controlan a vila e ao alcalde e a outras persoas de esquerdas prendéronas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 357/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Destituírono do seu posto de traballo.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha