← Volver atrás

Mosqueira Manso, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Corme, Ponteceso
(A Coruña)
- 17/10/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caracas
(Venezuela)
- 18/05/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cartógrafo, biólogo, historiador e mariño, 49 anos. Casado con Honorina Vecino; tiveron dous fillos: Manuel e Francisco. Con oito anos trasladouse coa súa familia a Santiago de Compostela (A Coruña), onde permaneceu cinco anos no seminario. Estudou na Escola de Náutica, aos 25 anos era capitán da Mariña Mercante e, en 1931, obtén o título de oficial da Reserva Naval Española.

Axudante militar da Mariña en Viveiro (Lugo) e Ortigueira (A Coruña). Subdelegado marítimo en Sevilla e subdelegado de Pesca na Coruña, logo, en Ribeira (A Coruña), onde o colle a guerra civil.

Republicano, non militaba en ningún partido e non tiña cargo político.

Exiliado.

O día 01/07/1937, en pleno desenvolvemento da guerra civil, marchou da Coruña cara Burdeos (Nova Aquitania, Francia) e exiliouse na República Dominicana. Non comungaba co ditador dominicano Rafael-Leónidas Trujillo Molina e pasou a Venezuela en 1940, onde se desenvolve como cartógrafo e adicouse á bioloxía mariña.

Mosqueira Manso nunca regresou a España desde o exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha