← Volver atrás

Mosquera Fidalgo, Gerardo-Francisco

Alcume: o Claveiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Queirís, San Salvador de Colantres, Coirós
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Martiño de Tiobre, Betanzos
(A Coruña)
- 27/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 31 anos. Casado con María-Josefa Rodríguez García; tiñan dous fillos. Veciños de Tiobre.

Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) e do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, vencellado á CNT.

Abríronlle unha causa por roubo no convento dos franciscanos en Betanzos en abril de 1936.

Paseado.

Fixo fronte ás tropas rebeldes no arco da Ponte Nova, en Betanzos.

Morte rexistrada a causa de disparos de arma de fogo no seu domicilio.

O seu cadáver apareceu en Tiobre.

Asasinado á porta da súa casa na presenza da súa dona e dos seus fillos e despois de esgotar as municións da escopeta de caza, que empregou diante das forzas que o querían deter.

A Garda Civil non acudira soa, ía acompañada de milicianos e falanxistas, segundo as testemuñas.

Soterrárono no cemiterio de Betanzos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha