← Volver atrás

Mosquera Rey, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cervo
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Abeleira, Santa Comba de Veigue, Sada
(A Coruña)
- 12/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 27 anos. Temoneiro nun barco mercante. Irmán de Marcelino Mosquera Rey, encarcerado, de Leopoldo Mosquera Rey, encarcerado, e de Fernando Mosquera Rey, tamén encarcerado.

Un dos fundadores da Asociación Agraria de San Martiño de Meirás (Sada), da que foi secretario no ano 1931.

Executado.

Despois do golpe dos militares rebeldes ten que fuxir e ocultouse nos montes de Meirás cos sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e Juan-Antonio Suárez Picallo e co dirixente do PCE, Gumersindo Montero Montero. Dos montes de Meirás pasaron a pé para A Coruña a comezos de agosto con Antonio Carballeira e Manuel Prego; delatáronos e prendéronos os falanxistas.

Asasinaron no mesmo lugar e data a: Manuel Prego Chas, e os seus compañeiros Juan-Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira Muñiz, Abelaira, e José Mosquera Rey.

Antes de ser asasinados, torturáronos.

Os seus corpos apareceron no monte Abeleira.

Xulgado en causa militar en Ferrol (A Coruña) polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza de sobresemento por morte anterior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha