← Volver atrás

Moyrón Arias, Modesto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 08/10/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Guadalaxara, Jalisco
(México)
- 21/03/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e funcionario, 42 anos. Casado con Antonia Matamala Ramos; tiveron catro fillos: Miguel, Antonio, Fernando e Modesto. Veciños de Madrid. Funcionario de estatística do Concello de Madrid en maio de 1931.

Traballou como xornalista en África desde 1916 ata maio de 1931, cando pasou a vivir en Madrid. Antes fora sarxento de Infantería na campaña de Marrocos de 1914 a 1916.

Militante da UXT madrileña desde marzo de 1932 e do PCE.

Na capital do Estado foi redactor de El Imparcial.

Exiliado.

Durante a guerra civil exerceu a presidencia do Consello Nacional de Refuxiados, conselleiro de Instrución Pública para a infancia evacuada e secretario xeral do Servizo Nacional de Crédito Agrícola.

Cruzou a fronteira francesa o día 05/02/1939 e refuxiouse en Perpiñán. Xa no país veciño solicitou emigrar a México.

O día 24/05/1939 embarcou no vapor Sinaia e chegou a Veracruz (México) o día 13/06/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha