← Volver atrás

Muñiz Álvarez, José-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Vilar, San Pedro de Ernes, Negueira de Muñiz
(Lugo)
- 18/08/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 03/01/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 52 anos. Solteiro. Veciño de Negueira de Muñiz. Emigrado en Cuba e despois regresou a Francia. No ano 1923 chegara á súa vila natal. Recadador de contribucións da Deputación de Lugo.

Entre 1923 e 1925 agrupou aos seus veciños do val de Negueira en sociedades agrarias e creou varias escolas. Secretario da federación labrega Liga Provincial Agraria de Lugo no ano 1923. Presidente da Federación de Sociedades e Sindicatos Labregos do distrito da Fonsagrada de 1927 a 1933.

O nome de Negueira de Muñiz débese a el, quen impulsou a súa creación separándose da Fonsagrada en xullo de 1928.

Durante a II República continuou coas súas actividades como líder agrario. Candidato da esquerda labrega independentista nas eleccións de novembro de 1933. Máis tarde integrouse en Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe de Estado prendérono os franquistas e ingresárono o día 25/07/1936 na Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por malversación, na causa 281/36, co resultado de sentenza a prisión e confiscáronlle as súas propiedades os golpistas.

Concédeselle a prisión atenuada o día 14/06/1942.

En xullo de 1942, con 59 anos, casou con Estrella Méndez Campa, de 18 anos (Pola de Allande, Principado de Asturias), e instaláronse en Lugo; tiveron tres fillos: Eva, Estrella e Antonio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha