← Volver atrás

Nogueira Rodríguez, Benilde

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Langullo, Santa María de Cesuris, Manzaneda
(Ourense)
- 03/07/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 19/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 16 anos. Moza do guerrilleiro antifranquista Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo, quen se botou ao monte no ano 1936; tiveron unha filla de solteira: Albina, nada o 10/01/1940. Desde 1941 non se volveron ver ata que pasaron 30 anos.

Denigrada. Encarcerada. Exiliada.

Os represores franquistas torturárona en moitas ocasións. Unha vez mallaron nela a lategazos e desde entón Mario non volveu visitala.

A persecución contra Benilde alongouse durante nove anos, entraba e saía do cárcere, levaba malleiras constantes porque pensaban que seguía a ver ao fuxido. Na cadea do Barco de Valdeorras, cando non pasaba dos 20 anos, os garda civís fixéronlle de todo.

Benilde quedou en liberdade en novembro de 1948 e avisada de posibles represalias marchou a Madrid, onde a acusaron de verse con Mario, levárona á Dirección Xeral de Seguridade e mallárona ata provocarlle unha parálise facial.

En agosto de 1971 Benilde e a súa filla reuníronse con Mario en Francia e este volveu para Madrid no ano 1978 para reunirse con Benilde. Logo volveron as distancias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha