← Volver atrás

Noguerol Buján, Arturo-José

Alcume: Arturo Noguerol
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ourense
- 06/05/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 12/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista, poeta e escritor, 44 anos. O día 21/01/1924 casou con Eloísa Martínez Carballo; tiñan unha filla e un fillo nados en Ourense: Eloísa e Pedro-Arturo. Veciños de San Salvador de Serantes. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca en 1915. Secretario do Concello de Serantes desde 1932; antes xa o fora no Pereiro de Aguiar (Ourense), Avión (Ourense) e Rianxo (A Coruña). Amigo de Vicente Martínez-Risco Agüero.

Participou na publicación La Centuria, que foi a fonte do galeguismo en Ourense.

Membro das Irmandades da Fala desde o ano 1917. Participou na fundación de Irmandade Nacionalista Galega (ING), da que exerceu de delegado en Ourense. A súa actividade política cesou durante case seis anos, ata o 1936.

Co-fundador, colaborador e ex-xerente da revista Nós. Tamén escribiu en A Nosa Terra, La Billarda ou La Zarpa.

Paseado.

Prendérono na Coruña o día 10/08/1936 por "propagar noticias tendenciosas", internárono no Castelo de San Antón, na cidade herculina, e trasladárono á prisión da Escollera, no Arsenal ferrolán.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) por inxurias ao Exército, na causa 478/36, co resultado de sentenza de sobresemento.

Sacárono da cadea os paramilitares, o día 11/09/1936, con outras 12 persoas nun ómnibus; na noite seguinte asasináronos no cemiterio de Serantes.

O seu cadáver apareceu nunha cuneta da estrada A Coruña-Ferrol.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista preto do cemiterio de Canido.

Soterrárono con outras doce persoas nunha fosa común no cemiterio de Serantes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha