Nacemento:
Morte:
Futbolista, impresor, escritor e político, 36 anos. Casado con Dolores Domínguez Pacheco; tiveron tres fillos e dúas fillas: Luis, Rodolfo, Óscar, Olga e Violeta. Veciños da Guarda. Irmán de Manuel Noya Gil, paseado.
Foi un dos fundadores da Sociedade Obreira da Guarda, na que se desenvolveu como secretario.
Colaborou con Heraldo Guardés e creou o semanario local Nuevo Heraldo, onde defendeu o agrarismo. No ano 1934 montou unha imprenta, onde se imprimía La Zarpa.
Durante a II República formou parte da Comisión xestora municipal da Guarda; sendo militante do Partido Galeguista (PG), sería primeiro tenente alcalde en 1936.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe militar fuxiu e escondeuse en casas de amigos; ao remate da guerra civil prendérono as novas autoridades.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.
Despois de rebaixarlle a condena a cinco anos, pasou dous anos nas cadeas de Vigo e Pontevedra.
A finais de agosto de 1941 puxérono en liberdade.
Os seus problemas económicos fixérono emigrar a Venezuela no ano 1952, onde publica as súas memorias e traballa como xornalista.
No ano 1976 publicáronse as ditas memorias como Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.
Ao seu regreso de Venezuela nomeárono presidente do PSOE guardés.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.