← Volver atrás

Noya Rodríguez, Celestino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Barro
(Pontevedra)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 01/01/1994 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, escritor e político, 31 anos. Veciño de Lugo. Estudou Bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor no Colexio León XIII, catedrático de Xeografía no instituto de Noia (A Coruña) e no instituto en Lugo de 1933 a 1936.

Correspondente de El Pueblo Gallego en Pontecesures (Pontevedra).

Militante do Partido Republicano Galego (PRG), despois pasou a Esquerda Republicana (ER), sendo vicepresidente da súa Agrupación Local en Lugo no ano 1934. Concelleiro de Lugo por ER no ano 1936, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Elixido presidente da Deputación de Lugo o día 31/03/1936. Tamén presidiu a Comisión executiva para a propaganda do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e viaxou a Madrid para presentar o dito estatuto diante das Cortes.

Encarcerado. Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado achábase en Madrid.

Durante a guerra civil exerceu a xefatura de oficinas de Sanidade en Madrid, Murcia e Alacante.

Ao remate da contenda prendérono os sediciosos.

Detido sen procesamento xudicial, internárono no campo de concentración do Castelo de Santa Bárbara, en Alacante, de abril de 1939 a agosto de 1940.

Depurado como profesor de instituto, pasou a dar clases no Colexio León XIII.

Rehabilitado, exercería de catedrático de Xeografía e Historia e secretario do Instituto Sánchez Cantón, en Pontevedra.

Xubilouse no ano 1975.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha