Nacemento:
Morte:
Militar, 34 anos. Casado en 1922 con María-Luisa López-Sacone Ordóñez de Barraicúa, Marquesa de Villarías; tiveron unha única filla que morreu de nena. Ingresou na Escola Naval Militar en xaneiro de 1919 e era alférez de fragata en 1921. En xaneiro de 1935 ascendeu a capitán de corveta. Despois de pasar en 1936 polo acoirazado España, ese mesmo ano designárono xefe da Base Naval da Graña, en Ferrol.
Golpista.
Un dos principais actores do alzamento militar de 1936 en Ferrol, puxo en estado de defensa a Base Naval da Graña e dominou os conatos de resistencia da mariñeiría.
No desenvolvemento da Guerra Civil Española foi comandante militar do petroleiro Badalona e, desde o día 09/09/1936, mandou o destrutor Velasco (ata 1938), destacando nas campañas do Norte. Foi comandante desde 1938 do submarino General Sanjurjo.
No ano 1937 recibiu a Medalla Militar individual e a Medalla de Ouro de Salvamento do Náufrago polo valor no rescate da dotación do España, despois de ser afundido por unha mina na baía de Santander (Cantabria) o día 30/04/1937.
Capitán de fragata en 1940, capitán de navío en 1945, contraalmirante en 1957, vicealmirante en 1963 e almirante en febreiro de 1966, ano no que o nomearon capitán xeneral de Ferrol e onde permaneceu ata 1971.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.