← Volver atrás

Núñez Targa, Mercedes

Alcume: Paquita Colomer
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Barcelona
- 16/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 04/08/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Política e escritora, 25 anos. Casada. O seu pai era natural de Bergondo (A Coruña). Nai de Pablo Iglesias Núñez. Traballou no consulado de Chile, como secretaria de Pablo Neruda (Chile) ata febreiro de 1935, cando Neruda se trasladou a Madrid. Participou na organización das Olimpíadas Populares de Barcelona.

En abril de 1936 ingresou nas Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e, despois do alzamento militar, no Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC).

Encarcerada. Exiliada.

Cando os franquistas tomaron Cataluña o PCE encomendoulle a reorganización deste partido na Coruña, onde chegou en marzo de 1939. Prendérona o 10/11/1939 na rúa Real, na Coruña, e ingresárona na prisión de Betanzos (A Coruña), na Prisión Provincial da Coruña e, o día 06/03/1940, trasladárono ao cárcere de Ventas (Madrid).

Acusárona de colaborar cunha ampla rede clandestina do norte de España, que se adicaba a sacar para o estranxeiro a cadros perseguidos polos franquistas.

Xulgada en consello de guerra en Madrid o día 25/10/1940 polo delito de auxilio á rebelión e responsable do PCE na Coruña co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Concédenlle, por un erro administrativo, a liberdade condicional en xaneiro de 1942, cando agardaba a resolución doutro proceso por pertenza ao Socorro Rojo Internacional (SRI) e a organizacións marxistas.

Foxe clandestinamente a Francia en xullo de 1942, internárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e incorporouse á resistencia francesa. Préndea a Gestapo (policía secreta nazi) en maio de 1944 e depórtana ao campo de concentración de mulleres de Ravensbrück (Berlín, Alemaña), onde ingresa o 23/06/1944. O día 21/07/1944 envíana ao Kommando Hasag (Leipzig, Saxonia, Alemaña), unha fábrica de obuses preto de Leipzig.

Liberada por tropas americanas o día 14/04/1945, cando se atopaba doente na enfermería e xa a destinaran á cámara de gas. Regresou a Francia.

No ano 1975, despois da morte do ditador, regresou a España e estableceuse co seu home en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.