← Volver atrás

Osorio do Campo, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 09/12/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 14/05/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor, funcionario e político, 41 anos. Veciño do Campo de Marte, 41, na Coruña. Pasou a súa infancia en Lisboa (Portugal), de onde foxe para que no envíen á guerra e chegou á Coruña, cidade na que se adica ao teatro como director e intérprete. Imparte clases no Conservatorio herculino. Axudante xefe técnico da Secretaría do Concello da Coruña.

No ano 1921 elixírono bibliotecario das Irmandades da Fala.

Colaborou con El Noroeste, A Nosa Terra, Adelante...

Republicano defensor do laicismo, a educación, a presenza da muller na política e autonomía de Galicia.

Presidiu a Xuventude Republicana a partires de xullo de 1931. A finais de 1932 abandonou a ORGA-FRG por discordancias. No ano 1936 pertencía a Esquerda Republicana (ER) da Coruña.

Socio do Casino Republicano coruñés e masón la loxa Hércules.

Depurado. Exiliado.

Despois do alzamento sedicioso despedírono o día 19/12/1936 de axudante do xefe técnico municipal por ser contrario ao Movimiento Nacional e republicano das esquerdas. Razóns da destitución: «No existe antecedente de su expediente de destitución, particularmente se sabe que huyó al extranjero».

Fuxiu primeiro a Porto (Portugal), en decembro de 1936, e despois a París (Francia). Exiliouse en México en 1939, país ao que chegou o 11/06/1939 e instalouse coa súa dona en Veracruz.

Nun informe da Jefatura de Investigación e Vixilancia da Coruña do 10/10/1936 ao gobernador civil dise que «es caracterizado republicano de izquierdas, tuvo a su cargo el arreglo de la contabilidad y administración de los Ayuntamientos rurales en 1931, es hombre reservado en sus expresiones verbales, cacique de aldea, hombre peligrosos por su mala intención y contrario al Glorioso Movimiento Nacional».

Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

A muller, Ángeles, finou en 1950 e Osorio regresou á Coruña, onde chegou o 22/04/1971 e na que finou en 1974 dunha insuficiencia cardíaca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.