← Volver atrás

Osorio Rodríguez, José-Alfonso

Alcume: Catuxo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Paradela, Nosa Señora das Neves de Barral, Castrelo de Miño
(Ourense)
- 06/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Paradela
- 18/04/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 32 anos. Casado coa mestra nacional Luisa Novoa Vázquez; tiveron dous fillos e unha filla: José-Alfonso, María-Luisa e David-Adolfo. Veciños de Barral.

Militante de Unión Republicana (UR) e alcalde de Castrelo do Val no ano 1936.

Encarcerado.

Despois do golpe militar pasouse á zona leal á República. Cando rematou a guerra civil detivérono os franquistas en Ourense.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 755/39, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión segundo resolución do 04/03/1942.

Interno na Prisión Provincial de Ourense, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 209 do día 28/07/1942.

Tamén lle abriron expediente de responsabilidades políticas co resultado de exento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha