← Volver atrás

Otero Alén, Ramón-Inocente

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado. Desaparecido

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lleida
- 01/01/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 24 anos. Veciño da Seca, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra). Irmán de Benito Otero Alén, procesado.

Afiliado á Casa do Pobo, no ramo da construción.

Encarcerado. Exiliado. Desaparecido.

Participou na requisa de armas por mandato do gobernador civil.

Detido pola Garda Civil en Pontevedra durante a sublevación militar por levar armas e explosivos.

Os franquistas acusárono de mala conduta e antecedentes, de comunista, de afiliarse á CNT e de propagandista.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de adhesión á rebelión, na causa 174/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Despois de saír da cadea, integrouse na guerrilla antifranquista.

Máis tarde participou na resistencia francesa fronte aos nazis.

Desapareceu no Val de Arán (Lleida); semella que finou nunha emboscada no ano 1944.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha