← Volver atrás

Otero Álvarez, Aníbal

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Barcia, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín
(Lugo)
- 21/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcia
- 01/03/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Filólogo, lingüista e escritor, 25 anos. Veciño da Fonsagrada. Estudou a carreira de Filosofía e Letras en Madrid, rematando no ano 1931 e exerceu despois de lingüista e de escritor.

Participou na elaboración do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, recollendo material en Galicia e no norte de Portugal.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar achábase en Portugal facendo uns estudos de filoloxía para a República; prendérono en Valença do Minho (Portugal) en xullo de 1936 e a policía lusa entregouno aos franquistas en Tui (Pontevedra) o día 05/08/1936. Acusárono de sospeitoso de espionaxe a favor da República por mor dos papeis que se lle atoparan (os estudos de filoloxía).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 809/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

Ingresárono na prisión de Tui e permaneceu na cadea ata agosto de 1942, pasando por San Simón, Tui, Vigo, Burgos e Figueirido.

Interno na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 155 do día 04/06/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha