← Volver atrás

Otero Pouso, Santiago

Alcume: Pajares
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Illa de Arousa
(Pontevedra)

Morte:

A Illa de Arousa
- 21/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Sindicalista e político. Casado con Josefa Arís; tiñan cinco fillos. Veciños da Illa de Arousa. Emigrou á República Arxentina no ano 1921 e regresou a Galicia no ano 1932.

Membro da Agrupación Socialista (AS) da Illa de Arousa.

O día 07/10/1934 na taberna O Nicho, no decurso dos sucesos que ocorreron por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, Santiago foi un dos que proclamaron a República Federal da Illa da Arousa nun papel corrente; a el nomeárono presidente. A estes proclamadores detivéronos o día 9 dese mesmo mes, acusáronos de sedición e liberáronos o día 13; no consello de guerra que tivo lugar no ano 1935 exculpáronos.

Paseado.

Cando se produce o golpe militar chamárono ao cuartel dos gardas cívicos e ameazárono de morte. Na madrugada do día 21 de setembro sacárono da súa casa, interrogárono no cuartel, matárono e fondeárono na ría.

O día 11/10/1936 o seu cadáver apareceu flotando no mar e os gardas cívicos volveron fondealo mar a dentro.

Paseárono con Enrique Rial e con Esteban Picón Conde.

Abriuse unha causa militar contra a Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) para clarexar a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha