← Volver atrás

Otero Sestelo, Dolores

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 12/10/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 37 anos. Veciña de Redondela. Irmá de Araceli Otero Sestelo, Ernestina-Elena Otero Sestelo e Esperanza Otero Sestelo, as tres adicadas á ensinanza e depuradas polos franquistas, e de Gustavo Otero Sestelo, encarcerado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En febreiro de 1922 era mestra en Santo Estevo de Tremoedo, Vilanova de Arousa (Pontevedra); de 1923 a 1935 exerceu na escola de nenas de Santa María do Viso, Redondela. En decembro de 1935 trasladárona ao Grupo Escolar de Redondela, que por mor dos golpistas non ocupou ata 1938.

Depurada.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo o día 01/09/1936.

Restituírona na súa praza de Redondela en xaneiro de 1938; neste centro chegou a ser a directora e nela xubilouse no ano 1967.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha