← Volver atrás

Otero Sestelo, Ernestina-Elena

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 23/10/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Redondela
- 13/02/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesora e pedagoga, 45 anos. No ano 1914 casou co farmacéutico Luis-Juan Pereira Míguez; tiveron tres fillas e un fillo: Elena, Gemma, Luis e Lucila. Veciños de Pontevedra. Era a maior de sete irmáns. Irmá de Araceli Otero Sestelo, Dolores Otero Sestelo e Esperanza Otero Sestelo, as tres adicadas á ensinanza e depuradas polos franquistas, e de Gustavo Otero Sestelo, encarcerado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, que rematou no ano 1908, e en 1913 acadou a especialidade de Pedagoxía na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid. No ano 1915 era profesora de Pedagoxía na Escola de Maxisterio de Pontevedra.

Na II República dirixiu a Normal de Pontevedra e presidiu o Consello Provincial de Primeira Ensinanza.

Colaborou co Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Depurada.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de separación da cátedra e dada de baixa na escala o día 12/06/1937; acusárona de dar o seu apoio, en 1933, ao Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Revisaron a súa causa en decembro de 1939, recuperou a categoría e trasladárona á Escola Normal de Ourense, onde traballa 13 anos.

O día 01/10/1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, na que exerce ata o seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha