Nacemento:
Morte:
Xastre, 23 anos. Veciño de Barcelona.
Militou na UXT e nas Xuventudes Socialistas (XXSS) en Barcelona. Por mor da súa actividade sindical pasou en varias ocasións pola cadea en 1932, 1934 e 1935.
Encarcerado. Exiliado.
No desenvolvemento da guerra civil incorporouse as milicias republicanas na Columna 19 de Xullo, na División Carlos Marx, na 44ª División do XII Corpo de Exército do Exército do Este e no Batallón de Zapadores do Corpo de Enxeñeiros. Combateu nas frontes de Belchite, Serra de Alcubierre, Alto Aragón e Pireneos. Máis tarde traballou de comisario na Comandancia Principal de Enxeñeiros do X Corpo de Exército tamén do Exército do Este.
Cruzou a Francia o día 10/02/1939 e ingresárono nos campos de concentración de Bourg-Madame (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e no campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia). Estando no país veciño solicitou emigrar a México.
O día 24/05/1939 embarcou no Sinaia e chegou a Veracruz (México) o día 13/06/1939. Trasladouse á capital mexicana, na que traballou de xastre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.