← Volver atrás

Ouro Arias, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Palas de Rei
(Lugo)
- 01/01/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Leilón, San Cibrao da Repostería, Palas de Rei
- 26/03/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Notario e político, 60 anos. Casado con Carmen Vázquez Ouro, da que era viúvo cando comeza a guerra civil; tiñan cinco fillos e tres fillas: Roberto, Luz, Luciano, Dorinda, Arsenio, Jaime, Luis e María. Veciños de Leilón. Notario en Palas de Rei. Pai de Roberto Ouro Vázquez, tamén sancionado. Herdeiro do Pazo de Leilón.

Promoveu a campaña agrarista do ano 1923. No ano 1931 era presidente da Agrupación Socialista Agraria (ASA) na súa localidade. Militante da UXT. Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Palas de Rei.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

As autoridades franquistas cualificárono de cacique de Palas de Rei. Separárono do servizo en xaneiro do ano 1937.

Desaparece nos primeiros días do golpe militar e preséntase en xullo de 1940.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 03/08/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 493/40, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 16/06/1941.

Pasou tamén polo cárcere de Oviedo (Principado de Asturias).

Puxérono en liberdade o día 28/06/1941.

Semella que tivo relación cos guerrilleiros antifranquistas.

Ábreselle un expediente por responsabilidades civís e políticas co resultado de desterro e multa de máis de 250.000 pesetas. Indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha