← Volver atrás

Outerelo Abión, Marcial

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Xoán do Piñeiro, Covelo
(Pontevedra)
- 21/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo de Hartheim
(Alkoven, Austria)
- 15/08/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro, 22 anos. Veciño da rúa Río, 22, en Madrid. En algúns documentos aparece como Otero Abión.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado e declarado fuxido e en rebeldía o día 29/04/1937. Pérdeselle a pista ata o ano 1939.

No ano 1939 achábase no campo de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), chegando no Nadal dese mesmo ano ao campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Capturado polos nazis o día 15/06/1940, pasou por varios campos de presos (fronstalags) ata chegar a Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Trasladado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internan o 03/04/1941 e o rexistran como cociñeiro. Cinco días máis tarde, o 08/04/1941, enviárono ao sub-campo de Gusen (Austria).

Co pretexto de envialo a Dachau, saíu de Gusen o día 15/08/1941, pero nunca chegou ao seu destino xa que o gasearon en Hartheim. Morte rexistrada en Mauthausen o día 28/09/1941 ás 02:50 h.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha