← Volver atrás

Paz Martínez, José-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña
- 08/12/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Salamanca
- 01/01/1999 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 31 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada, condestable da Armada.

No ano 1929 incorporouse á masonería na loxa Helenes nº 7 de Pontevedra. Tamén pertenceu a outras loxas de Marín, Lugo e Ferrol.

Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 pasou pola cadea en Ferrol.

Fuxido.

No decurso da guerra civil loitou a favor do Goberno lexítimo con destino no Ministerio da Mariña.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de sedición co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Coa derrota dos republicanos pasou a Francia e internárono no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer.

Durante a II Guerra Mundial incorporouse ao maquis no sur do país galo e acadou o grao de coronel, perdeu un ollo en combate.

En decembro de 1945 participou na fundación do Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG) como representante do PCE.

No ano 1944 instruíronlle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, que o condenou a 16 anos de reclusión menor e penas accesorias.

Condecorado polo goberno francés como Cabaleiro da Lexión de Honra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha