← Volver atrás

Peiteado Mariñas, Tomás

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Gresande, Lalín
- 01/01/1958 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 47 anos. Casado con Elisa Pampín Pereiro; tiñan nove fillos. Veciños de San Xurxo de Cristimil, Lalín (Pontevedra). Mestre nacional de Cristimil desde 1935.

Membro do Comité Republicano de Cristimil.

Depurado. Encarcerado.

Os franquistas prendérono o 25/08/1936 e ingresárono na cadea de Lalín; en novembro trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 18/02/1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 15/07/1937.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra, o día 26/06/1940, pola de catro anos de prisión menor.

Concédeselle a prisión atenuada o día 05/09/1940.

Os franquistas depurárono e inhabilitárono como mestre e tivo que adicarse ao ensino privado en Santiago de Gresande e San Miguel de Bendoiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha